Os contidos deste CD-ROM son Copyright (C) 2001 Mandrakesoft S.A.
e outros. Por favor, mire as notas de Copyright individuais en cada
paquete de código fonte para os termos de distribucións. Os termos de
distribución das utilidades que son copyright de Mandrakesoft e de Red Hat
Software están no ficheiro COPYING.
Mandrake e o seu logo son marcas comerciais de Mandrakesoft S.A.
Red Hat, RPM, e glint son marcas comerciais de Red Hat Software, Inc.
O directorio raíz está organizado do seguinte xeito:
|----> Mandrake
|----> RPMS |----> base |----> mdkinst |----> images |----> dosutils |----> misc |----> lnx4win |----> VERSION |----> RPM-PGP-KEYS |----> COPYING |----> INSTALL |----> README |
paquetes binarios arquivos de pequenos sistemas de ficheiros para a instalación imaxe usada para instalacións gráficas imaxes de boot e ramdisk utilidades de instalación para DOS ficheiros de código fonte, árbores de instalación instalador de Windows(tm) [BETA] número de versión actual sinatura da clave PGP dos RPMs de Mandrake información do copyright instruccións de instalación este ficheiro en modo texto |
Se está a facer un espello a unha partición ou a un volume NFS, terá que coller todo o que haxa en Mandrake/, e tamén as imaxes dos discos que precisará para o seu sistema de images/.
Mire o ficheiro install.htm.
NOTA IMPORTANTE DE COMPATIBILIDADE:
Mandrake está feita con optimizacións de velocidade para CPUs de clase Pentium (Pentium(tm) e compatibles, AMD K6, Cyrix M2, PIII...), polo que NON FUNCIONARÁ nos ordenadores antigos baseados no i386 e i486. Sen embargo, unha versión especial compilada para esas CPUs estará dispoñible nos nosos servidores e en CD-Roms baratos.
Tódolos paquetes específicos de Mandrake Linux veñen co seu código
fonte no CD de fontes (source-CD na PowerPack Edition).
Por favor, use os servidores FTP para os fontes.
No caso de que non teña acceso a Internet, Mandrake Linux pode enviarlle un arquivo cos fontes cun custo mínimo.
Se ten acceso á web, mire en http://www.linux-mandrake.com/support/
En particular, o acceso ás nosas listas de correo pódese atopar en:
http://www.linux-mandrake.com/es/flists.php3
Se non ten acceso á web, tamén se pode subscribir á lista de correo principal. Para facelo, mande unha mensaxe a [email protected] co seguinte texto:
subscribe newbie
no corpo da mensaxe.
Se non recibiu documentación con este producto, pode pedi-la Edición PowerPack de Mandrake (varios CDs de Mandrake + Guías de Instalación e Uso + 100 días de soporte á instalación) ós nosos distribuidores en:
http://www.linux-mandrake.com/resellers
Mandrakesoft pode atoparse en:
WWW: http://www.linux-mandrake.com